Colabora con nós

A que cheira, papá? nace coa vontade de ser un proxecto aberto. Colabora con nós!

Se sacamos adiante este magazine foi precisamente porque sentíamos a necesidade de botar fóra palabras que moitas veces ferven na cabeza e non deixamos saír porque pensamos que non teñen pistas onde aterrar.

Pero claro, abrir o aeroporto para só ter os avións que veñen dos destinos que xa coñeces, pois como que soa a oportunidade perdida. Así que queda aberto de par en par. Só tendes que avisar á torre de control.

Fuches ver unha peli que sentes que tes que poñer a parir? Acabas de rematar un libro e non sabes como recomendarllo a todo o mundo sen parecer un pesado? Estiveches nun concerto e necesitas aclarar o que pasou?

Ou quizais unha cousa totalmente diferente?

Se pensas que tes algo entre mans que podería cadrar en A que cheira papa?, non o dubides e proponnos cousas, estaríamos máis que encantadas de contar contigo.

Para contactar connosco só tes que cubrir o cuestionario que aparece nesta páxina, ou escribir un correo a aquecheirapapa@gmail.com.

Se o prefires tamén podes enviarnos unha mensaxe privada polas redes sociais que aparecen aquí mesmo.

Contestaremos máis rápido de que poidas preguntarte, a que cheira?