Chamáns e Aliens bipolares – O Tigre do Futuro 28

Chamáns e Aliens bipolares - O Tigre do Futuro 28

Comeza unha nova tempada do Tigre! Un ovni nunha escola de Zimbabue, as diferenzas entre a bipolaridade e a identidade disociada e un percorrido pola carreira dos Shamen, todo no Tigre inaugural.

Neste episodio contaron historia Philip Webb, Violeta Pérez e o OputoPablo, acompañados por Guillermo Rodicio aos mandos.

Comezou OputoPablo, que veu cunha nova edición das súas famosas teimas: os aliens. Contounos a historia tolísima da suposta aparición duns ovnis nunha escola de Zimbabue. Como bos ufólogos, acabamos falando de Elon Musk.

Despois Violeta volveu coa súa sección “Freud debe morrer” dedicada a saúde mental. Desta volta quixo esclarecer as diferenzas entre a bipolaridade e a síndrome de idenditade disociativa, que tantas veces se mesturan en películas e na cultura pop.

Por último Philip descubriu para nós un grupazo escocés dos anos 90 de espíritu tecno-punk: os Shamen. Non só nos contou os misteriosos camiños das drogas na súa música, senón que tamén rapeou varias das súas cancións.

Repito: neste episodio Philip rapea bastante.

Gozade.

DEIXA UN COMENTARIO

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduce o teu nome aquí