Hoxe rompo a nosa política de manter separados os temas mentados entre as páxinas virtuais de AQCP e nas gárrulas tertulias de O Tigre do Futuro. Obrígome a xunguir revista e podcast porque hai que xerar contidos todo o tempo, o deus-algoritmo nunca se sacia. Ademais, este tema é divertido. Nun dos últimos podcast falamos do creepypasta, historias de terror compartidas nas redes das que quizais coñezades a lenda do Slenderman, unha das máis famosas.
Pareceunos interesante reflexionar sobre os creepypasta como xénero literario emerxente con algunhas idiosincrasias de seu. Primeiro, trátase dunha literatura moi democrática; os usuarios contribúen a modificar e expandir os mitos que se crean, mentres que os autores orixinais non adoitan aspirar a ser recoñecidos polas súas historias. A diferenza do que acontece cos egos na maioría dos campos da escritura, o escenario ideal para un creepypasta é que pase a formar parte do folclore dixital colectivo. Ou sexa, o maior sinal do éxito do autor dun creepypasta é ser anónimo. Por exemplo, para moitas crianzas na actualidade, o referido Slenderman é un monstro máis como pode ser un vampiro ou un zombi. Non saben que en realidade ese monstro foi inventado para un concurso de photoshop nos foros de somethingawful.com no 2009. Outra característica importante para entender o creepypasta é que case todos son presentados como testemuños auténticos, o cal leva unha implicación peculiar. Para que o creepypasta funcione como testemuño verosímil, resulta que non pode estar demasiado ben escrito. Un relato de Shirley Jackson ou Stephen King ten un estilo impecable porque eles son escritores, pero o narrador dun creepypasta non o é. O seu efecto aterrador xace na súa naturalidade e espontaneidade.
Chegados a este punto, seica o lector está desexando ler algún creepypasta traducido ao galego que exemplifique todas estas características. Pois o lector vai ficar decepcionado. Os relatos que lle propoñemos a continuación, son unha auténtica viaxe ao inferno. Boneco de Tails: a miña historia (Tails Doll: My Story), é unha relato que produce auténtico terror, pero non polas razóns que o autor ou autora quería. Por outra banda, Titanic (un creepypasta sobre o Titanic) navega entre a novela romántica e thriller, como se quixese revisitar e destrozar a versión cinematográfica de James Cameron. Ou quizais algo peor.
Para as lectoras máis esixentes, nótese que na tradución pretendemos conservar o rexistro e os usos léxicos do texto orixinal, xa que estes conforman unha parte integral da experiencia. Déixense arrastrar polos corredores da gramática inconsecuente connosco.
Boneco de Tails. A miña historia
Cando cheguei a casa despois de traballar ocorréuseme comprar un videoxogo para o meu fillo. El estaba enganchado a xogos tipo Mario, Sonic e Donkey Kong así que lle collín un xogo que penso que el nunca xogou aínda. Era Sonic R. Era un xogo de carreiras segundo me dicían e daquela era bastante novo.
Corrín a casa a toda carreira para darlle o xogo a el e biqueille a miña muller na meixela. Abraceina e ela estaba contenta porque eu lle daba un regalo a el.
Os ollos del enchéronse de emoción e notei que tiña moitas ganas de xogalo. Foi ao seu cuarto e eu ía detrás del para xogalo con el. Pasaron dous días e el díxome que estaba a punto de terminar o xogo. Eu vin como derrotou o último xefe, e el ruxiu coa emoción derrotouno. Sentinme ben por el, deille unha palmada na cabeza, e pregunteille que tal foi.
A cousa peculiar foi, no momento en que tal fixen mirei os créditos na pantalla e sinalei coa man e dixen, “Q-que é iso?” El dixo que era o Boneco de Tails. Eu preguntei que era o Boneco de Tails. El só dixo que era o Boneco de Tails outra vez.
Obviamente fixen facepalm e ignorei as paisaxes. Chamei para que se deitase. E mentres el durmía, a curiosidade venceume. Entrei no seu cuarto, con sixilo baixei o volume da tele, e estaba listo para xogar a Sonic R.
Sabendo que el xa completou o xogo, decidín xogalo outra vez a través de velo de antes. Decateime de que podía xogar como “Boneco de Tails”. Sabendo que iso era a razón principal pola que quería xogar ao xogo, escollino para facer equipo co resto da cuadrilla.
Era bastante divertido de feito até que o puxen nun equipo con Sonic… xusto cando pulsei ese botón a miña vida enteira cambiou. El tiña a miña vida nas súas mans. Todo estaba tranquilo ao principio teño que dicir… a pantalla apagouse xunto á consola. Deixeino así e fun deitarme coa miña muller. Ela agarroume como eu a agarrei caendo nun sono profundo.
Sobre as dúas da madrugada empecei a escoitar golpes contra a miña porta. Manténdoa pechada e sabendo que o meu fillo podía coller o xogo sen axuda só dixen, “Para, volve a cama”. Producíronse máis golpes. Enfadeime bastante e deime conta cando me erguín de que unha pequena sombra procedía dende debaixo da miña porta. Nada que ver cunha sombra normal de ser humano.
Máis ou menos empecei a ter pánico. A palabra “Tails” resoou na miña mente. Comecei a abrir a porta lentamente. E escoitei estas palabras moi distantes que xamais esquecerei outra vez.
“Vés comigo para sempre”.
Era un boneco. Un boneco malvado posuído cuberto de sangue. Era do xogo. Tiña que selo. Parecíase moito a el. Eu berrei espertando toda a casa mentres o boneco se puxo a rabuñar nos meus dedos de pé. O sangue inundaba o chan, e até o día de hoxe os meus pés doen e problemas dan. El estaba roñando agresivamente e mentres os meus berros se facían máis estrondosos, a miña muller chamou a policía. El esparexeu polo chan, fuxindo de min.
O seu chío foi terrible deixou unha pista de sangue detrás de si. Dixo que ten o que necesita, sabendo que non pode terminar o choio hoxe. Dende ese día, dáme medo durmir pola noite. O meu horario de sono está esparexido. Déitome sobre as seis da mañá e esperto sobre as oito da tarde para comezar o meu día. Sei que isto pode soar falso… pero non o é. Xuro até o día de hoxe que a mera idea de durmir durante a noite me espanta.
Titanic. Un creepypasta sobre o Titanic
Sopraba a brisa cando o barco xigantesco atracou. No costado do barco dicía Titanic. Miles de pasaxeiros subiron ao cruceiro.
“Amor, cariño, só volverei nunha semana ou así” dixo unha muller. A muller estaba recortada con pelo dourado xunto con crechos fabulosos. “Si, Celosia” dixo un home. Revelouse que o nome da muller era Celosia. O home era guapo. Era mullereiro. Unha muller sería feliz de estar con calquera home así.
Celosia chimpou a bordo e saudou o seu marido . “Adeus, Johnathan!” sorriu. O home chamábase Johnathan. Mentres os dous prohibían despedirse, Celosia fitaba o horizonte a que ía visitar a súa tía enferma no Caribe. A única forma de chegar era ou en cruceiro ou en barco.
Ela ollaba como caía o atardecer no ceo case de medianoite. Todas as estrelas relucían con beleza. Celosia só estaba no seu cuarto maquillándose e poñéndose xoias porque estaba preparándose para unha cea competa no luxoso restaurante do cruceiro.
A muller deu un paso para baixar ao restaurante onde sentou ao carón dun rapaz con clase. Celosia literalmente se namorou del, pero xa estaba casada. O home achegouse a ela cun sorriso. “Ola” saudou. Celosia sorriu contenta e tamén saudou. El presentoulla á mesa onde Celosia estaba sentada e sorriu.
O home presentouse. “Chámome Edward”, sorriu. Celosia tamén se presentou. Recortado con bo aspecto, o home tiña a cara máis atractiva que calquera muller nunca vira – era máis mullereiro que Johnathan! Tiña o pelo louro e peiteado de xeito pijo e ollos azul mariño ao longo dun gran sorriso.
Pola noite, Celosia sabíao todo sobre Edward, e foi ao seu cuarto con el. Alí, fixeran o amor e crearan sentimentos mutuos. Celosia sabía que estaba enganando a súa parella, pero non pensaba nisto porque estaba pasando a noite cun bo mozo.
Pasaban os días, e era xoves, o 11 de abril. Celosia estaba durmida na súa cama cando se espertou con Edward na cama con ela. De súbito, soou o teléfono. Ela espertouse e colleuno, pero era o seu marido. “Si, estou pasándoo ben de verdade” riuse con Johnathan por teléfono. Edward espertouse finxindo estar durmido, e escoitou a conversa enteira. A súa cabeza volveuse vermella e sentiuse escandalosa.
Á hora do xantar, Edward confrontou Celosia porque esta tiña marido. Deulle un sopapo con xenreira. “Como te atreves! Traizoáchesme!” berrou. El puxo fin á súa relación e saíu do sitio dando grandes chancadas.
Edward montou un teléfono no restaurante. Unha voz grave e varonil contestou o teléfono. “Xefe, quédache algunha machada” dixo malvadamente.
O venres, 12 de abril, Celosia foi espertada para escoitar como corría o teléfono. Botouse ao longo da cama e contestou. “Ola?” contestou. Estrañamente, non había ninguén. A súa porta abriuse misteriosamente e rinchou, e alí viu un home vestido de negro, cunha máscara. “Morre” dixo a figura negra. Celosia berrou e correu ao baño, respirando fondo.
O corpo feminino xacía no chan, morto.
A figura negra topouse co capitán na parte dianteira do Titanic, moi enfadado. Tiña un pico na man, fitando o capitán.
O capitán caeu ao chan, morto.
A figura misteriosa rompeu o motor do cruceiro e fíxoo parar preto dun iceberg, o cal claramente non lle estaba facendo dano a ninguén. O barco empezou a caer no océano, de cara á auga. Todos os que estaban no barco berraron e choraron, e todos colleron barcos e fuxiron nadando.
Sentíndose enfadado unha vez máis, a figura alzou a súa escopeta e matou moita xente nos barcos e no Titanic.
Mentres todos bramaban, o barco fermoso morreu dunha caída.
Uns días máis tarde, saíu a noticia para dicir que o Titanic estaba no fondo do mar e que miles de persoas estaban mortas. Unha testemuña chamada Edward Jones falou cos xornalistas contando como o Titanic chocara contra un iceberg. Xa que todo o mundo o cría e non se puideron atopar máis probas, todos decidiron deixar o asunto durante anos, deixándoo como unha mentira para prohibir o segredo verdadeiro do Titanic.
Cando pasaron uns anos, un xenio científico decatouse do segredo verdadeiro do Titanic. Como eles querían que isto saíse nas noticias, a mesma figura negra que se exhibiu no Titanic apareceu no cuarto desta persoa. “Xamais lle dirás a ninguén cal é o segredo verdadeiro do Titanic!” advertiu a figura escura. Asasinou a persoa brutalmente, deixando o segredo a descuberto para sempre.
E nada máis, ata aquí a escolma de creepypastas por hoxe. Desculpas ás afectadas.
Marabilloso.