Xa hai novo episodio do Tigre: Doppelganger PANDA na fronteira.
Fronteiras físicas que nos falan dos límites das relacións, síndromes de bacterias que te cambian o comportamento e os mellores dobles dos peregríns do Tigre no novo episodio do voso podcast favorito.
Neste episodio contaron historia Ánxela Lema, Violeta Pérez e Guillermo Rodicio, co Rubén Amado chegando tarde, pero chegando para facer de comentarista.
Comezou Ánxela, que co gallo dun libro de Lann Hornscheidt veu falar fronteiras e relacións. Seguindo a diferentes teóricas vai trazando unha comparación entre os límites dos Estados-nacións cos límites persoais. Cuestionar a heteronormatividade e a monogamia, que se constrúen para despois tentar ser invisibles, como as fronteiras.
Seguiu Violeta, que volve coa súa sección de saúde mental “Fredu debe morrer”, desta volta para falarnos de do síndrome de PANDAS. En xeral acabamos falando de casos en que ataques bacterianos ou cambios xenéticos dan lugar a cambios de personalidade ou comportamento. Ratos que perden o medo aos gatos, persoas que non poden pensar mal dos demais…
Por último Guillermo trae unha sección especial polo primeiro aniversario do Tigre! En homenaxe a algunhas das colaboradoras do programa falamos dos seus dopplegangers, persoas que famosas coas que comparten nome. Exploramos as vidas destes dosbles do Tigre e quizais deslicemos algún dato falso que teredes que descubrir.