Ghosting bisexual a Bruce Willis – O Tigre do Futuro 25

Resistencia bisexual e defensa das etiquetas, as respostas a por que a xente non che contesta aos whatsapps, e un plan megalómano de Bruce Willis en Idaho, todo no novo Tigre do Futuro!

Resistencia bisexual e defensa das etiquetas, as respostas a por que a xente non che contesta aos whatsapps, e un plan megalómano de Bruce Willis en Idaho, todo no novo Tigre do Futuro!

Neste episodio contaron historia Ánxela Lelma, Guillermo Rodicio e Violeta Pérez, con Silvia Rodríguez como comentarista.

Comezou Ánxela, que hoxe fixo unha sección case de carta de amor ao libro de Elisa Coll “Resistencia bisexual” de Elisa Coll. Falamos sobre as dificultades de socializar a bisexualidade, da necesidade das etiquetas e a relación entre identidade e prácticas.

Despois Guillermo contou unha historia de puros 90, mestura de poder, prensa, estrelas de cine e a vida en Idaho. A historia de como Hailey, unha pequela vila mineira, sufriu unha revolución cando Bruce Willis decidiu que ía esculpila a base de diñeiro e proxectos a cada cal máis tolos. De Hailey a Haileywood

Por último Violeta dedicou unha sección ao Ghosting e as relacións circulares. Falamos do fenómeno da desaparición en redes, do silencio e non contestar. Por que acontece o ghosting, e algunhas historia alucinante da súa peor cara.

00:30 Entrada e pregunta.

11:15 Sección Ánxela sobre Resistencia bisexual

34:35 Sección de Guille sobre Hailey e Bruce Willis.

57:30 Sección de Violeta sobre ghosting e relacións circulares

DEIXA UN COMENTARIO

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduce o teu nome aquí