así será
un día serei
o mellor escritor galego
de tódolos tempos
e manolo rivas
secarame a suor do escroto
coas páxinas
das súas novelas
como pano.
———-x———-
“ao carallo cos monos” por Simone de Beauvoir na mente dun camareiro bastante maloso
e alí os están
algúns con camisas abertas,
outros con polos,
a maioría cuns vaqueiros
e zapatos rancios,
todo coidado polas súas mulleres
(sen as cales morrerían
aos dous días)
a beber
cervexa tras cervexa
entre berros,
algunha babada
e xestos esaxerados,
só porque son homes
e como homes poden facer o que queren.
eu leo o meu libro…
bebo en paz.
.
wi-fi
estaba detrás da barra
servindo copas como camareiro
cando entrou unha tipa.
levaba unha blusa
cun escote que lle percorría
o esterno todo,
movíase como se o chan
fose a nube máis suave
do universo.
acercouse a barra,
viña a por min directamente,
eu mireina fixamente.
tiña uns ollos azuis clariños
que che atrapaban
e uns lunares na fronte
que lle daban un toque distinguido.
era puro lume,
movía as cadeiras,
sabía que quería hipnotizarme,
eu non me resistía.
alcanzou a barra e dixo
-cal é a clave do Wi-Fi?
-vinoteca
-con v ou con b?
-con v.
seguía a querer denudala.
.
cantas mentiras
nos contarían
mentres nos espíamos
ela díxome
que non se depilara
e que lle daba vergoña
(de tantas veces que lle dixeran
que tiña que ser así)
eu só puiden responderlle
“perdón
eu tamporco”
(ela riu)
.
gañar
levantouse da cama
mentres a miraba de esguello,
algunhas gotas de suor
percorríanlle a espalda,
baixaban aos poucos
e eu seguinas coa mirada
até chegar ao seu cu,
entón vino
como tremía,
só un pouco,
un tremor suave
que me soubo a gloria.
.
a que estamos?
estaba na cama
a ler un libro
e pregunteime
“Murakami terá
instagram?”
e que importa,
se o tiña
de que me valía?
e se non,
a pregunta era absurda.
o único que importaba
era que eu tiña un
dos seus libros na man.
.
quen sabe, sabe
o meu cu pegado ao sofá
sen nada de por medio,
o suor esvara
e fai rinchar as cachas…
apetéceme un whisky
pero prometinme non beber
durante unha semana
(promesa absurda
realizada a saber por que motivo).
o caso é que estou aquí
coa calor do verán
e as ventás abertas de par en par
a ver unha película,
sae un mafioso que está cunha muller.
ela vai sen roupa
a correr pola casa,
ten as tetas pequenas
(descubro que igual é o tamaño
que máis me gusta)
e non para de berrar
“temos que estar tolos,
a vida só ten sentido así…
ponme un whisky
axiña”
ela ten razón,
poreime un whisky
axiña.
.
os deuses, os sen carnet
unha vez
ía correr por un camiño de barro,
a esprint coma sempre,
e adiantei
unha lavadora con rodas.
foi un momento de gloria.
cada un,
ten os seus.
.
a espera
na clase
sempre pasaba o mesmo,
sempre había algún profesor
que facía ler en alto.
odiaba ler en alto
e odiaba máis a espera
pra ler en alto,
eses momentos en que sabes
que vas ter que facelo
eses momentos de espera
sen poder facer nada,
evitando miradas,
púñame nervioso esa merda.
e o profesor mirábache,
a ti e a todos,
dende as alturas,
sementando o pánico
co dedo
que escollía o seguinte
que tropezaría coas palabras,
e do que rirían todos
(eu incluído
salvo cando me tocaba pringar).
———-x———-
KEROUART
mirade pra el
como anda pola rúa
co seu traxe ben posto,
con seguridade,
a mirar a todos
por riba do ombreiro,
como se for máis que ninguén,
pero eu sei a verdade,
todos cagamos,
e eu vou ir agora
porque me apetece.