Parodia de coral no paso Dyatlov – O Tigre do Futuro 21

O Tigre do Futuro é un podcast de historias, un oráculo onde se reúnen todos os temas e contos orfos doutro lugar onde se refuxiar. Cada día os peregríns proporán 3 temas, que poden ir desde o máis elevado ao máis vulgar.

Neste episodio contaron historia Darío MJ, O Puto Pablo e Guillermo Rodicio, con Violeta Pérez como comentarista.

Comezou Darío que nos revelou os misterios do accidente no Paso Dyatlov. 9 excursionistas na Unión Soviética intentaron sortear un paso de montaña. Algo ou alguén os atacou e nunca regresaron. Os seus restos foron atopados en posicións estrañas e agora hai moitas teorías acerca do que lles puido pasar en realidade.

Seguiu O Puto Pablo, que nos fixo unha guía polo Coral Castle, o gran palacio de pedra de coral que un home letón levantou en EEUU a principios de século XX. A historia de Edward serve para poñer contexto, todo unido ao misterio de como puido unha persoa soa construír un castelo así.

Por último Guillermo trouxo unha reflexión sobre como se emprega a ironía nos tempos da internet, reivindicando que o posmodernismo non produce boas parodias. Con unha excepción: os movementos paródicos. Repasamos algúns interesantes, desde o pastafarismo, o Partido Froilanista ou Birds are not real.

DEIXA UN COMENTARIO

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduce o teu nome aquí