Violencia e cartos para Herminio – O Tigre do Futuro 2×24

Venturas e desventuras dun revolucionario portugués, as misterioxas orixes do diñeiro e as 8 etapas da violencia doméstica, todo isto no Tigre máis radical!

Violencia e cartos para Herminio - O Tigre do Futuro 2x24

Venturas e desventuras dun revolucionario portugués, as misterioxas orixes do diñeiro e as 8 etapas da violencia doméstica, todo isto no Tigre máis radical!

Neste episodio contaron historia Guillermo Rodicio, Philip Webb e Violeta Pérez, con OputoPablo como comentarista.

Comezou Guillermo, que nos veu contar vida e milagres de Hermínio da Palma Inácio, un dos máis destacados revolucionarios da resistencia contra Salazar en Portugal. Contamos as súas maiores fazañas, sabotaxes, secuestros e roubos, para intentar descubrir nel un heroe, espía ou terrorista.

Despois Philip dedicou unha sección ao carto, ao diñeiro. En particular aos billetes e falamos da súa orixe e de quen fai os billetes novos para os países hoxe en día. Houbo tempo para a historia e para a estética, dos euros ata os talas de Samoa.

Por último Violeta quixo traer luz a un tema duro e falamos das 8 etapas da violencia machista. Seguindo a Monkton Smith imos debullando as distintas fases polas que pode pasar unha relación antes de rematar en feminicidio. Unha focaxe que pode axudar a previr e a estar máis atentas ante situacións como estas.


00:30 Entrada e pregunta.

10:50 Sección de Guillermo sobre Herminio da Palma Inácio.

32:45 Sección de Philip sobre o diñeiro.

1:01:21 Sección de Violeta sobre violencia machista.

DEIXA UN COMENTARIO

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduce o teu nome aquí