Acerca disto

Colocamos este texto como unha pequena introducción do tipo de material que esperemos non se repita moito nesta nosa sacrosanta revista. Porén, a falta doutro contido de maior calidade que ofrecer aos nosos lectores: atúrense.

Camiñante sobre o mar de filtros do Photoshop

Lembras aquel tempo no que só escribías cando te sentías mal? Non tanto cunha vontade terapéutica, senón convencido de que a túa tristura era trascendente. Dalgún xeito pensabas que a túa melancolía era máis auténtica, máis profunda que a do resto dos mortais, e se conseguías que un pouco desa verdade se pasase ao texto, os demais comprenderían. Que egomaníaco con ínfulas.

Pasa que se non es un pouco egomaníaco con ínfulas seguramente nunca escribirías. Porque se non pensas que os teus sentimentos son mellores que os dos demais, por que ían estar estes interesados en ler a túas putas historias? Se só falas de cousas que eles xa poden vivir na súa vida ordinaria, por que ían gastar o seu tempo en ti? A literatura, ata a máis pedestre e agochada de cotiá, está empapada de sacralidade, de verdade revelada, de evanxeo e ciclo mítico. Eu posúo a palabra dun Deus, eu coñezo o mundo tal e como é. A miña ficción é máis auténtica que a propia vida, a verba é, e todo o demais non chega apenas a ser un van reflexo dela.

Hai que crer iso. Ben, hai que crelo para lanzarse a encher un papel coas túas movidas. Non só porque se non o cres aproveitarás calquera saída digna para dedicar o teu tempo e esforzos a outra actividade, senón porque se ti non o cres con toda a potencia centrífuga do narcisismo, como cona vas convencer a ninguén máis de que posúes un chisco de verdade, aínda que sexa durante un segundo? E que non te confundan con falsos reclamos, o que decida perder algo do seu tempo nos teus escritos, será porque pensa que neles hai algo que el non ten. O lector non acude a literatura a recrearse na idea de si mesmo. Acude como o crente a misa, como o perdido ao refuxio de montaña, quere que se lle alimente, quere venerar a outro.

E a min por que me vas matar? Eu que che fixen, gilipollas? Bernardino Garrido

Vale, vale, seguirei lendo o meu libro sobre os figos. -Jake o can

DEIXA UN COMENTARIO

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduce o teu nome aquí