Marabillosas migracións de aves arredor do mundo, a vida chea de aventuras e plot twist de Alexandre de Fisterra e un soldado finés ata arriba de metanfetamina, todo no Tigre cumbión!
Neste episodio contaron historia o Rubén Amado, Silvia Rodríguez e máis Guillermo Rodicio, con Philip Webb de convidado polisón.
Comezou o Rubén, que por fin trouxo unha sección ornitolóxica ao Tigre! De polo a polo en 5 aves, unha viaxe que fixemos todas xuntas desde Laxe ao polo sur, Groenlandia e volta a Galicia, acompañando a 5 paxaros migradores. Houbo quen imitou a algún paxaro e todo, aí queda.
Despois seguiu Silvia, que hoxe non trouxo cousas de vellas, pero que está xustificado porque a vida de Alexandre de Fisterra ben merecía unha sección. Facemos un repaso pola vida do inventor do futbolín (e de moitas máis cousas, sorprendentes de verdade), e imos con el a París, Sudamérica e México, onde coñeceu a xente cada vez máis e máis famosa. Non sei, houbo tanta sorpresa con Alexandre que acabamos mareados.
Por último Guillermo volveu cun novo protagonista desta xeira súa de historias sobre “Éche ben díficil morrer”. Desta volta falounos de Aimo Koivunen, un soldado finés que na Segunda Guerra Mundial por accidente acabou no medio da fronte cheo de metanfetamina ata as cellas. A súa historia e confusa, alucinatoria, e chea de proezas sobre esquís. 10/10.