Especial verán – Baleiro Perfecto 28

Que fan os membros do Baleiro Perfecto nunha praia perdida dun exoplaneta de Andrómeda? Gravar un especial de verán!

O voso podcast de cifi e fantasía favorito non vos ía deixar todo o verán a soas. Para dar feche a vella tempada e ir como promesa para a nova, fixemos este programa un pouco máis lixeiro, un pouco máis caótico. Iso si, co espírito cheirer de sempre.

Polo visto, este programa está dedicado á xente toda do Ecuador. Falamos da Banda do Patio e de Pokemon. Alba fala de Conan (sorpresa). Darío acaba un pouco borracho.

DEIXA UN COMENTARIO

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduce o teu nome aquí