Zombis, zombis, zombis – Baleiro Perfecto 23

Zombis, zombis, zombis - Baleiro Perfecto 23

Quen deixou as tumbas do cemiterio abertas? Pois nada, apocalipse zombie xente, a mirarse todo o tempo que non leves unha mordida. Non se pode nin morrer tranquilo.

Investigamos no Baleiro Perfecto se os non-mortos volven por culpa dun virus mundial, algunha maldición vodoo, ou a Santa Compaña. Acompáñanos neste monográfico zombie, nós xa fortificamos a casa.

Neste novo Baleiro buscamos os zombies en distintas obras e formatos para intentar comprender mellor a figura do non morto. Pasamos desde as películas clásicas de Romero ata The Walking Dead, ás versións Z dos clásicos da literatura, o Apocalipse Z de Manel Loureiro ou versións máis ao límite como Dark Souls ou Ataque aos titáns.

DEIXA UN COMENTARIO

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduce o teu nome aquí