Recomendación videoxoguil: Doki Doki Literature Club¡

Recomendación de Doki Doki Literature Club¡, un videoxogo que xoga a aparentar ser unha agradable novela visual xaponesa pero que no fondo é moito máis.

A tecnoloxía avanza, dende sempre. O que antes nos axudaba a chegar a outros lugares do mundo con relativa facilidade, hoxe está presente na nosas casas coa escusa da utilidade e da rapidez: axudándonos co papeleo, facendo os nosos cálculos e, en xeral, reducindo todo o posible as molestias inherentes ao vivir. Nalgún punto deste recorrido, alguén considerou que non era necesario coñecer máis persoas (sobre todo mulleres) para aprender a ligar e que ese aprendizaxe podía ser destilado e diluído nun programa. Desta forma naceron os dating sim, xogos que consisten en escoller unha de entre varias opcións co obxetivo de conquistar unha ou varias das mulleres que che propón o software.

Baixo este prisma preséntase a premisa inicial de Doki Doki Literature Club¡. O xogador interpreta a un estudante de secundaria dun instituto xaponés (os dating sim sempre tiveron máis éxito en Xapón que nos países máis occidentais) que, a través da súa mellor amiga da infancia, vese arrastrado ata un club de literatura moribundo que necesita desesperadamente máis membros. Unha vez alí, recíbeno tres alumnas que o convencen para que se quede coas súas “artes de muller” e dende alí comeza unha serie de minixogos que consisten en mellorar a relación do xogador con calquera dos membros do club, agás a presidenta, dunha forma romántica. Estrutura clásica do xénero.

Salvo que iso non é todo.

Doki

A partir de aí o xogo aproveita para destripar os clichés das novelas visuais, a perspectiva amorosa dos animes e incluso a existencia dese tipo de produtos e o seu obxectivo final. A súa vez, tamén subvirte eses mesmos clichés e outórgalles aos personaxes unha profundidade única, posiblemente innovadora no seu terreo.

Creo firmemente que é un videoxogo que merece a pena xogalo e non quero arruinar unha experiencia interesante á que pode acceder todo o mundo, por iso, non me vou a estender máis nesta semi-crítica. Está gratis en Steam e dura aproximadamente unhas 3 horas, botádelle un ollo porque é unha obra reveladora e realmente orixinal dentro do campo dos videoxogos.

Doki Doki Literature Club¡

Título: Doki Doki Literature Club!
Género: Casual, Indie
Desenvolvedor: Team Salvato
Editora: Team Salvato
Data de lanzamento: 22 Set, 2017

1 COMENTARIO

  1. Joder, David. Onte descargueino e xoguei. Estou traumatizado. Á noite tiven pesadelos e case non durmín por culpa deste xogo. Recomendado.

DEIXA UN COMENTARIO

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduce o teu nome aquí