O Camiño do Heroe – Baleiro Perfecto 21

O Camiño do Heroe - Baleiro Perfecto 21

Como chega un heroe a ser o que é? Hai un camiño? Hai unha viaxe? Pode ser calquera integrante do Baleiro Perfecto unha heroína en potencia? Salvaremos o mundo?

Toca falar dun tema transversal a moitas das historias que lemos, vemos e escoitamos; a do protagonista heróico, ese que habitualmente sae dun recuncho humilde para ser elevado até o Olimpo (e pode que de xeito literal).

Poñemos en práctico a viaxe do heroe de Campbell a través do Hobbit de Tolkien e comprobamos que pasos temos de seguir para ser nós as próximas heroínas desta historia.

DEIXA UN COMENTARIO

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduce o teu nome aquí